lunes, 13 de enero de 2014

A Copa Galega de Clubes do Lucus - Caixa Rural Galega

Boa actuación dos equipos do Lucus Caixa Rural Galega na Copa de Galicia de Clubes de Pista Cuberta disputada hoxe no Palacio de Deportes de A Coruña, onde o equipo feminino remataba 4º e o masculino nunha apretada clasificación finalmente era 6º, ademáis de moi boas marcas a nivel individual.

equipo feminino remataba 4º con 55 puntos onde as actuacións mais destacadas foron a victoria nos 200 m.l. de Paula Ferreiros con 26"88, o segundo posto dorelevo 4x1 vuelta composto por Nera Martinez, Sara Pino, Paula Ferreiros e Mara Vila, e os terceiros postos de Nerea Martínez nos 800 m.l. con 2'26"96; Patricia García nos 3.000 m.l. con 11'08''47; Sara Pino no salto de altura con 1,60 m, mínima para o Campionato de España Xunior de Pista Cuberta e Raquel Peña no salto con pértega, con 2,91 m, mellor marca persoal, novo récord provincial absoluto e marca mínima para o Campionato de España Cadete ao Aire Libre.

Pola súa banda o equipo masculino remataba no 6º posto, nunha clasificaión moi pechada a tan só 1 punto do 4º posto. Destacar as actuación de Miguel Pérez que vencía na proba dos 50 m.v. con un marca de 7"20, e os segundos postos de Adrian Ben nos 800 m.l. con 2'00"50, ademáis marca mínima para participar no Campionato de España Xuvenil de Pista Cuberta, e Pablo Modia tamén segundo no salto de lonxitude con 6,34 m.

O título da clasificación conxunta homes e mulleres foi para o noso clube asociado o Afflelou Narón, segúndo a S.G. Pontevedra, terceiro o Vila de Cangas e cuarto o Lucus Caixa Rural Galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario